copio
ZOR: Zor foi adoptado fai 4 meses pero agora o devolven ó refuxio. Tristemente Zor volta a formar parte da longa lista de cans abandonados en procura dun fogar. Agora buscamos para Zor unha familia que o coide e queira de verdade.
ZOR: Zor foi recollido a principios do 2012, levaba moito tempo deitado o carón dunha casa sen querer moverse. Pensouse que estaba enfermo, pero o que lle pasaba a Zor era que xa non tiña ánimos nin forzas para seguir vagando sen rumbo. Zor tiña marcas no pescozo de haber estado atado a unha cadea moito tempo. Zor é un Cão de Castro Laboreiro de 8 anos moi bo e agradecido. Levase ben con gat@s e outr@s cans e sabe andar con correa.
protectoraosbiosbardos@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario