copio
Debido á complicada situación económica que vivimos actualmente, cada vez estamos a recibir máis chamadas de persoas que están pasando malos momentos e que necesitan axuda para poder alimentar ás súas mascotas e facerse cargo dos gastos veterinarios. Por este motivo, dende a Asociación Protectora de Animais Proxecto Gato, decidimos poñer en marcha, coa solidaridade do GRUPO VEGALSA, este Banco de Alimentos para Mascotas.
Agradecémosvos enormemente a vosa participación para poder levar a cabo este proxecto, xa existente noutras cidades. Cantos máis sexamos a máis xente poderemos apoiar e entre todos concienciaremos a toda la sociedad de que é imprescindible que nos axudemos uns aos outros nestes tempos tan duros.
Temos que evitar a terrible dor que supón a separación dunha persoa da súa mascota, e máis aínda nos tempos en que vivimos, xa que ter aos nosos amigos peludos ao noso lado, é máis que nunca unha alegría que anima a seguir loitando. Por non falar do duro e traumático que é para un animal doméstico rematar nun refuxio, debido á gran tristeza e depresión que sofren ao verse separados da súa familia, e por desgracia, na maioría dos casos non chegan á superalo.
Para obtar a estas axudas débense presentar os seguintes documentos:
* DNI.
* Tarxeta de demandante de emprego.
* Xustificante de ingresos dunha cuantía igual ou inferior a 426€.
* Xustificante de que os ingresos dos membros da unidade familiar non sobrepasen os 483’98€ (teñen prioridade as persoas con cargas familiares e hipotecas).
Para máis información chamar ao seguinte número de teléfono: 670594658
No hay comentarios:
Publicar un comentario