copio
Neste último ano estamos sufrindo unha ola esaxerada de abandonos e non temos lugar para ubicar a tod@s @s cans e cadelas que a xente sen escrúpulos deixa a súa sorte.
O refuxio está saturado, quenes o coñecedes sabedes que é un lugar humilde pero feito coa axuda e o esforzo de moita xente. Non podemos dar cobixo a máis dos que xa habitan nel pois non podemos facer que peligren as súas vidas por introducir novos animais.
As casas de acollida habituais (as que estamos enormemente agradecid@s) están completas polo que a única esperanza para ubicar @s cans e cadelas que non teñen nada é que ti, que estas lendo este comunicado desesperado, lle abras a porta do teu fogar, aínda que sexa por un tempo determinado, polo menos nos darás tempo a seguir difundindo en busca dunha familia definitiva ou doutra acollida temporal.
Vos recordamos que nas acollidas a protectora corre cos gastos xenerados polo animal (veterinario en caso necesario, alimentación...) Ti só tes que darlle o amor e respeto que alguén lle negou.
POR FAVOR, SE PODES AXUDAR, NON DUBIDES EN CHAMARNOS, DE VERDADE QUE O NECESITAMOS. 600 356 891 de luns a venres (10:00 - 13:30 / 16:30 - 20:00)
No hay comentarios:
Publicar un comentario