sábado, 1 de agosto de 2015

Ponteareas. Cachorritas en adopción. Os Biosbardos

copio

Necesitamos acollida (individual ou en conxunto) ou adopción urxente para estas 4 cachorriñas. Esta semana se lles remata a acollida onde están agora e non temos onde ubicalas. Non poden entrar no refuxio pois son moi pequenas e poderían enfermar ou ser atacadas.

Kala, Chyara, Kymba e Kaly son 4 cachorriñas de sobre 2 meses de idade que foron atopadas abandonadas o carón dunha estrada en Ponteareas. As catro fermosas princesiñas están sanas, son sociables, moi agarimosas e divertidas. Necesitamos atoparlles fogares responsables onde poidan crecer seguras, queridas e coidadas.
Se queres ampliar a familia con unha destas cachorriñas, ponte en contacto con nós no 600 356 891 de luns a venres (10:00 - 13:30 / 16:30 - 20:00) protectoraosbiosbardos@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario