COORDINADORA PROTECTORAS PROVINCIA PONTEVEDRA Este blog, como su nombre indica, trata de centralizar información entre las protectoras de la provincia de Pontevedra promoviendo la colaboración y agilizando temas como: -Base de perros y gatos perdidos actualizada - Base de casos urgentes en adopción actualizada - Noticias, enlaces de interés - Listas (sólo puede ser consultada por los responsables de cada protectora via e-mail y no será publicada ) - Base de adoptantes que contacten directamente con la coordinadora - Asesoramiento en temas legales y de comunicación - Creación de campañas conjuntas de : -Sensibilización - Adopción - Ser portavoz de cara a las administraciones en un momento dado - Seguimientos entre protectoras de fuera y adoptantes de la provincia de Pontevedra y a la inversa. - Adopciones en el extranjero, trámites...

contacto : proanimal@acopo.es

jueves, 16 de abril de 2015

Situación de alarma na asociación Difusión Felina: máis de 20 abandonos en once días

A asociación de Pontevedra 'Difusión Felina' denuncia a ondada de abandonos cos que se encontrou nos últimos trece días. Mais de vinte abandonos en apenas un mes chocan cos vinte que se produciron entre xaneiro e marzo. Os animais, na súa maioría cachorros de moi poucos días de vida, recolléronse na zona de Pontevedra, Poio, Ponte Caldelas e Sanxenxo.
O colectivo de protección está saturado ante o aumento de abandonos e o descenso de casas de acollidas, ademais de que a adopción e o número de casas de acollida, en comparación a outros anos, descendeu moito, segundo Difusión Felina.
Mais de 200 felinos foron acollidos o ano pasado pola asociación e chegaron a albergar uns 58 gatos á vez nas súas instalacións. Aínda que a súa capacidade non é para tantos animais "siempre hacen el esfuerzo de estirar sus recursos más y más", pero a situación actual é de desbordamento.
A falta de axuda por parte dos concellos onde a asociación actúa ten nunha situación de urxencia á protectora que busca a colaboración cidadá con máis casas de acollida e adopcións. Indican que só reciben axuda do Concello de Pontevedra, que colabora doando alimentos, area e esterilizando aos gatos.
Son 38 os gatos que actualmente teñen listos para ser adoptados e aos que dende Difusión Felina esperan poder encontrarlles un fogar.
As cinco persoas que conforman a asociación están saturadas e mandan un SOS á cidadanía e os concellos das zonas onde traballan. Encóntranse superados ante o aumento de animais na súa protectora e temen encontrarse con novos abandonos dos que non poden facerse cargo pola súa situación actual.

fuente : http://pontevedraviva.com/xeral/19332/difusion-felina-abandonos-aumento-sos-emergencia/

No hay comentarios:

Publicar un comentario