¿LEMBRÁDESVOS DE GOGOL? ¡VOLVIMOS A ATOPALO! - URXE ACOLLIDA OU ADOPCIÓN.
Fai uns meses difundíamos a Gogol, un canciño que vivía na rúa o carón dunha estrada moi perigosa onde corría serio risco de atropelo. A maiores, alí había unha empresa onde non o querían ter rondando e ameazaron con chamar a canceira.
Por desgraza, debido a saturación que sufrimos no refuxio non o podíamos recoller e a nosa única esperanza era que alguén lle abrise as portas do seu fogar, xa fose de manera temporal ou adoptandoó.
A pesar dos meses de difusión constante, ninguén se ofreceu a facerlle un oco na súa casa e chegou un día no que a voluntaria que lle levaba de comer non o atopou máis. Pensamos que o da empresa había cumprido as ameazas e o había recollido a canceira ou quizais houbese sido atropelado por un coche... A nosa compañera seguiu indo cada día a levarlle a comida pero Gogol non aparecía.
E este sábado, de repente, o destino fixo que esa mesma compañera se encontrase con Gogol noutro lugar! El, coma sempre, estaba mendigando comida a xente que se atopaba por alí.
AGORA SÍ QUE NECESITAMOS ACOLLIDA OU ADOPCIÓN URXENTE PARA EL, ANTES DE QUE A ALGUÉN LLE MOLESTE E O RECOLLA A CANCEIRA OU QUE VOLTE A DESAPARECER...
Se podes acollelo ou aínda mellor adoptalo, ponte en contacto con nós no 600 356 891 de luns a venres (10:00 - 13:30 / 16:30 - 20:00)
No hay comentarios:
Publicar un comentario