Na loita contra as touradas cómpre ir dando pasos e xuntando esforzos para que o rexeitamento claramente maioritario da sociedade galega cara este macabro negocio dé lugar á súa proibición e abolición definitivas. Neste sentido, as persoas que participamos en Touradas Fóra de Pontevedra alegrámonos dos pasos dados durante este último ano para reforzar e visibilizar o movemento antitouradas galego, promovidos pola organización irmá Galicia mellor sen touradas. Pasos concretados, por exemplo, na creación da Frente Antitouradas no Parlamento autonómico e na iniciativa abolicionista que só un PP sen argumentos, tan só aferrado à súa visión ideolóxica, impediu que fose aprobada. É necesaria a implicación e a mobilización de todas e todos para seguir a fortalecer o movemento contra as touradas até facer inevitábel a abolición en Pontevedra e en toda Galiza. Ningunha suposta tradición, nin os crueis “gostos” dunhas cantas persoas xustifican a continuidade dun espectáculo embrutecedor, baseado na tortura, a dor e a morte dun animal e que só se mantén grazas a vergoñentas axudas públicas. Por todo isto demandamos: 1. Ao Goberno do Estado, que faga as mudanzas lexislativas necesarias para a abolición das touradas e a paralisación da súa promoción e subvención con diñeiro público. 2. Que o Parlamento da Galiza modifique a Lei 1/1993, de Protección de animais domésticos ou salvaxes en cativeiro, que exclue no seu artigo 5º as touradas, para que prohíba estas actividades. 3. Á Deputación de Pontevedra que as deixe de subvencionar directamente ou de forma encoberta. 4. Ao Concello, o cesamento do uso de espazos públicos para a promoción das touradas, así como a declaración de Pontevedra como “Cidade antitouradas e amiga dos animais”. 5. A reconversión da praza de touros nun coliseo para espectáculos culturais e concertos. |
COORDINADORA PROTECTORAS PROVINCIA PONTEVEDRA Este blog, como su nombre indica, trata de centralizar información entre las protectoras de la provincia de Pontevedra promoviendo la colaboración y agilizando temas como: -Base de perros y gatos perdidos actualizada - Base de casos urgentes en adopción actualizada - Noticias, enlaces de interés - Listas (sólo puede ser consultada por los responsables de cada protectora via e-mail y no será publicada ) - Base de adoptantes que contacten directamente con la coordinadora - Asesoramiento en temas legales y de comunicación - Creación de campañas conjuntas de : -Sensibilización - Adopción - Ser portavoz de cara a las administraciones en un momento dado - Seguimientos entre protectoras de fuera y adoptantes de la provincia de Pontevedra y a la inversa. - Adopciones en el extranjero, trámites...
contacto : proanimal@acopo.es
contacto : proanimal@acopo.es
viernes, 2 de agosto de 2013
Pontevedra. Manifestación Antitouradas 2013. Sábado 10 de agostos as 8 da tarde na Praza da Peregrina
copio
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario