COORDINADORA PROTECTORAS PROVINCIA PONTEVEDRA Este blog, como su nombre indica, trata de centralizar información entre las protectoras de la provincia de Pontevedra promoviendo la colaboración y agilizando temas como: -Base de perros y gatos perdidos actualizada - Base de casos urgentes en adopción actualizada - Noticias, enlaces de interés - Listas (sólo puede ser consultada por los responsables de cada protectora via e-mail y no será publicada ) - Base de adoptantes que contacten directamente con la coordinadora - Asesoramiento en temas legales y de comunicación - Creación de campañas conjuntas de : -Sensibilización - Adopción - Ser portavoz de cara a las administraciones en un momento dado - Seguimientos entre protectoras de fuera y adoptantes de la provincia de Pontevedra y a la inversa. - Adopciones en el extranjero, trámites...

contacto : proanimal@acopo.es

martes, 31 de marzo de 2015

Ponteareas.Alone en busca de un hogar. Os Biosbardos

copio

¡¡ALONE, OSO AMOROSO EN BUSCA DUN FOGAR!!
Alone apareceu no inverno de 2014 en As Neves, moi delgado e asustado, achegouse o carón dunha casa onde vivía unha boa persoa que lle daba de comer todos os días. El pasaba o día polas fincas veciñas durmindo a intemperie, ata que chegaron as chuvias e o frio xeador e a cara de Alone transformouse de medo a sufrimento.
Esta persoa decidiu que se tiña que ganar a confianza de Alone para poder axudalo e mentres o conseguía púxolle unha caseta preto do seu portal onde poder cobixarse.
Por desgraza, a presencia deste gran amigo comezou a molestar a algúns veciñ@s da zona que ameazaron con pegarlle un tiro para quitalo do medio, polo que o seu rescate debía ser inminente.
Con paciencia, empatía e dedicación, a coidadora de Alone conseguiu que confiase en ela e o rescatou do fin o que os veciños o habían condenado.
Agora Alone está a salvo pero nun lugar moi temporal, necesitamos atopar para el unha familia coa que poder vivir feliz o resto da súa vida, sen ter que sentir frío, medo ou soledade. Unha familia onde o seu nome deixe de ter sentido pois sempre estará acompañado e querido.
Este grandullón ten un carácter increíblemente bo, agora que xa pasou o susto ha demostrado ser moi doce, noble, intelixente, cariñoso e tranquilo. Gústalle relacionarse con cans/cadelas cos que lle encanta xogar e cos que nunca tivo un mal xesto. Sabe pasear da correa o lado da persoa que o leve e no coche vai tan tranquilo... É un can ideal, só lle falta un fogar onde ser feliz ¿Queres darllo ti? Ponte en contacto con nós no 600 356 891 de luns a venres (10:00 - 13:30 / 16:30 - 20:00) ou por correo: protectoraosbiosbardos@gmail.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario