A pesar de estar catalogado como LIC (Lugar de Interse Comunitario) e incluído dentro da Rede Natura 2000, o espazo natural das Gándaras de Budiño sofre continuos danos ecolóxicos que están a mermar a súa biodiversidade. A proximidade do polígono industrial do mesmo nome provoca que emisións contaminantes e lixo vaian parar a este contorno, que se reduza a súa extensión e que a conservación das súas lagoas e especies se vexa ameazada. Membros da Coordinadora de Protectoras de Pontevedra non son indiferentes a esta realidade e denunciaron os continuos verquidos ao Río Louro ante o Seprona e a Xunta. Na Radio Municipal do Porriño entrevistamos a Miguel Mosquera, membro da protectora, que nos falou da denunica que puxeron e outras peticións respecto das Gándaras de Budiño ademais das diferentes inciativas que teñen entre mans. Clicla sobre o enalce de embaixo para escoitar a entrevista:
fuente :
No hay comentarios:
Publicar un comentario