COORDINADORA PROTECTORAS PROVINCIA PONTEVEDRA Este blog, como su nombre indica, trata de centralizar información entre las protectoras de la provincia de Pontevedra promoviendo la colaboración y agilizando temas como: -Base de perros y gatos perdidos actualizada - Base de casos urgentes en adopción actualizada - Noticias, enlaces de interés - Listas (sólo puede ser consultada por los responsables de cada protectora via e-mail y no será publicada ) - Base de adoptantes que contacten directamente con la coordinadora - Asesoramiento en temas legales y de comunicación - Creación de campañas conjuntas de : -Sensibilización - Adopción - Ser portavoz de cara a las administraciones en un momento dado - Seguimientos entre protectoras de fuera y adoptantes de la provincia de Pontevedra y a la inversa. - Adopciones en el extranjero, trámites...

contacto : proanimal@acopo.es

miércoles, 3 de abril de 2013

Ribadumia. 2.000 euros polos últimos días de Kren


Kren é un can de 13 anos cunha enfermidade de ósos incurable. Vive en Madrid cos seus donos e veu a Galicia a pasar as vacacións de Semana Santa, pero non puido regresar. Leva perdido dende o domingo 25 de marzo e os seus propietarios tiveron que volver ao traballo sen localizalo. Para axudar na busca, ofrecen unha recompensa. Darán 2.000 euros a quen localice a súa mascota.
O Refuxio de Animais de Cambados actúa de entidade mediadora nesta busca, de modo que as persoas que teñan pistas sobre o seu paradoiro deberán poñerse en contacto coa protectora. Como dato a ter en conta, achegan que ten chip.
Os donos de Kren son unha ribadumiense e un madrileño. O can estaba na casa en Sisán (Ribadumia) o día en que desapareceu, pero nun descoido alguén abriu a porta e desapareceu. O propio 25 de marzo empezou a busca, que durou durante toda a Semana Santa, pero rematadas as vacacións, non lograron localizalo.
Na busca pediuse, nun primeiro momento, a colaboración dos veciños de Ribadumia e Cambados, pero tamén se difundiu a través das redes sociais. No Facebook saíu á luz que Kren afronta xa os seus últimos meses de vida, xa que a enfermidade ósea que ten diagnosticada lle deixa moi poucas esperanzas.


1 comentario: