151 animais na canceira de Campañó e outros 51 en casas de acolleita. Son os cans que custodia nestes momentos a Asociación Os Palleiros. "Estamos en una situación límite", recoñece a súa presidenta Gloria Cubas. Aseguran que "nos llega un perro abandonado casi cada día" e lamentan que, malia as múltiples campañas que se fixeron, "mucha gente sigue sin concienciarse que una mascota es para toda la vida".
En total, durante 2012 Os Palleiros recolleron 341 cans, dos cales menos do 10% levaban o chip identificativo, o que axudaría a devolvelos aos seus donos. De todos eles, 266 foron adoptados. Trátase dunha tendencia que se repite. No primeiro trimestre de 2013, a asociación recolleu a 64 novos animais, malia que recoñecen que "ahora ya no recogemos muchos perros porque no tenemos donde meterlos".
As recollidas limítanse, case exclusivamente, ás atencións "más urgentes". É dicir, os cans que foron atropelados e necesitan coidados médicos, as crías (das que seguen chegándolles camadas enteiras, a última delas o pasado domingo) ou as femias preñadas. Por iso é polo que pidan "más responsabilidad" aos donos dos animais para evitar que a situación da canceira empeore.
Por iso, o propio alcalde, Miguel Fernández Lores sumouse a este chamamento porque, aínda que destacou que a maioría dos pontevedreses "respectan as normas, recollen os excrementos e coidan ben dous seus cans", os cans que se abandonan "non se xeneran por aparición espontánea" e recordou que cada animal que deben recoller na canceira "repercute na sociedade porque hai que facer un gasto no seu coidado".
NOVO CONVENIO CO CONCELLO
Os Palleiros renovou este xoves o convenio co Concello de Pontevedra para seguir xestionando a canceira municipal, situada en Campañó. Recibirán 27.400 euros anuais durante os próximos seis anos. A asociación deberá recibir aos animais abandonados, avisar aos seus donos cando os localicen, custodiar, alimentar e vacinar os animais e sacrificalos en caso de enfermidade. O Concello pagará os gastos de luz, auga e recollida de lixo.
Ademais do convenio, o concello investirá en total uns 200.000 euros na mellora e ampliación da actual canceira, que se atopa, dixo Fernández Lores, nun estado "lamentable". Toda vez descartada a nova perrera proxectada en Cerponzóns "porque a situación económica non está para moitos dispendios", entre outras actuacións, darase "un lavado de cara" ás instalacións, aumentarase o espazo destinado para os cans e instalaranse cámaras para identificar aos que botan os animais "por riba da verxa ou os deixan en caixas".
Qué significa esto que os obligan a sacrificar en vez de curar?
ResponderEliminarA asociación deberá recibir aos animais abandonados, avisar aos seus donos cando os localicen, custodiar, alimentar e vacinar os animais e sacrificalos en caso de enfermidade.