
o día 31, como agasallo de Fin de Ano apareceu Rumba pola miña casa (vivo en Poio, preto do Mosteiro). Rumba foi abandonada na Excusa, o día 30 xa a viron por alí, buscando atención.... e a pobriña foi baixando en busca de familia... eu dinlle algo de comer, e o día 1 co temporal que había, xa a metín na casa!!! As súas fotos comezaron a rular por facebook, hotmail, e os meus amigos..., coñecidos e familiares están fartos de escoitarme, porque non fago máis que intentar buscarlle unha familia... Desparasiteina e leveina a ver se tiña microchip, e nada... Pídovos axuda, podedes publicar as súas fotos na vosa páxina??, é unha cadela noviña, moi mimosa e xogueteira, non debe ter máis dun ano e está moi ben educada xa!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario