O novo refuxio de animais de Pinar do Rei podería abrir as súas portas antes de que acabe o ano. Así o anunciou este xoves o Concello de Vilagarcía, tras a reunión mantida entre o alcalde, Tomás Fole, o concelleiro de Obras, Jesús Longa, e técnicos de Fomento. Tamén estivo presente o director das obras do tren de Alta Velocidade entre Vilagarcía e Catoira, Rubén Estévez.
O encontro serviu para facer seguimento de todas as obras e actuacións que o Ministerio está a desenvolver en Vilagarcía no marco da alta velocidade, así como os proxectos complementarios e a subsanación de incidencias xurdidas a raíz dos traballos.
(Máis información na nosa edición impresa do 3 de febreiro).
fuente : http://diariodepontevedra.galiciae.com/nova/148219.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario