LAILA: Despois de pasar un ano nunha casa de acollida e xa casi adoptada, o sono desta pequena avoiña voou por motivos completamente alleos a ela e agora volta á dura lista de cadelas en adopción. Volta a buscar a oportunidade de destacar entre tantos e tantas podencas despoxos de cazadores que cando xa non lles sirven rematan tiradas no monte. Apareceu en moi mal estado, esquelética e coxeando dunha pata por unha fractura antiga, posiblemente ese foi o motivo do abandono. De
spois de pasar por unha casa de acollida a cal se comprometera a adoptala e coñecer o significado da palabra fogar tocoulle sufrir un segundo abandono, mais duro quizás que o primeiro. Pero Laila, esta cadeliña chea de tenrura e agradecemento sigue adiante mirando ó futuro con esperanza, sabendo que o seu verdadeiro FOGAR está ahí fora e que algún dia chegarán esas persoas que NUNCA pensen en voltar a abandonala porque ela sí que nunca o faría, é unha cadela moi moi boiña e agarimosa. É de tamaño pequeno pesa 8 kilos ideal para piso.
contacto : protectoraosbiosbardos@gmail.com
No hay comentarios:
Publicar un comentario