COORDINADORA PROTECTORAS PROVINCIA PONTEVEDRA Este blog, como su nombre indica, trata de centralizar información entre las protectoras de la provincia de Pontevedra promoviendo la colaboración y agilizando temas como: -Base de perros y gatos perdidos actualizada - Base de casos urgentes en adopción actualizada - Noticias, enlaces de interés - Listas (sólo puede ser consultada por los responsables de cada protectora via e-mail y no será publicada ) - Base de adoptantes que contacten directamente con la coordinadora - Asesoramiento en temas legales y de comunicación - Creación de campañas conjuntas de : -Sensibilización - Adopción - Ser portavoz de cara a las administraciones en un momento dado - Seguimientos entre protectoras de fuera y adoptantes de la provincia de Pontevedra y a la inversa. - Adopciones en el extranjero, trámites...

contacto : proanimal@acopo.es

jueves, 22 de septiembre de 2011

Santiago de Compostela. Mercadiño benéfico para esterilizar os gatos das colonias de Sar


DIFUNDO:

sábado, 24 de septiembre · 11:00 - 20:00
Ponte do Sar

Na nosa cidade existen varias colonias. Algunhas conviven perfectamente nos barrios e hai persoas que se ocupan da súa saúde e alimentación. Noutras, a falta de concienciación e coñecementos deixa a estes animais en situación de desamparo total, enfermos, con carencias alimenticias e baixo as inclemencias do tempo.
Ese é o caso do noso barrio, Sar, onde na rúa de Cruceiro de Sar, conviven connosco x gatos en pésimas condicións de saúde. A reprodución descontrolada destes felinos non fai máis que aumentar o seu número a pesares das frecuentes mortes que se producen debido ás enfermidades ás que están expostos. Neste caso en particular os gatos sofren unha praga de sarna que lles provoca feridas por todo o seu corpo (en especial orellas e costas), ademais doutras posibles enfermidades debidas á falta de vacinación e a vida na rúa como poden ser: inmunodeficiencia, leucemia, rabia, calcivirosis,
parásitos internos e externos, etc.

¿Qué podemos facer nós?
Axudar a estes gatos está nas nosas mans e repercutirá en saúde e benestar para tódolos animais do barrio, humanos ou non. Aquí tes uns pasos para ser parte da solución e non do problema:

- Non merques animais, ADOPTA. No Refuxio de Bando, canceira correspondente ó concello de Santiago de Compostela e aledaños, sacrificáronse só no ano pasado (2010) 390 animais abandonados e completamente sans, por falta dun fogar, mentres que nos comercios seguen a reproducir animais coma se fosen un produto máis, e en pésimas condicións para a súa saúde.

- Esteriliza. Hai moitos falsos mitos relacionados coa esterilización de cans e gatos. Como o aumento de peso (que dependerá da actividade física e da inxesta de comida e que deberemos controlar en calquera circunstancia), o cambio de carácter (o único cambio que se aprecia é a redución de estrés en época de celo e a redución da agresividade). Pola contra presenta moitas vantaxes: evita enfermidades (tumores mamarios, infeccións uterinas), enfermidades da próstata, tumores testiculares,...), evita que o animal se escape en época de celo, evita marcaxe con ouriños ou defecacións, evita camadas indesexadas que na súa maioría acabarían morrendo enfermos nas rúas ou sacrificados. Centos de gatos viven encerrados en xaulas á espera dun fogar que lles pode ser roubado se seguimos permitindo que os animais que están baixo a nosa responsabilidade se sigan reproducindo.

- Non abandones e non adoptes se non estás seguro. Adoptar a un animal supón unha serie de responsabilidades que deberemos estar dispostas/os a asumir polo resto da súa vida e non de forma circunstancial.

- Se queres colaborar connosco para curar e esterilizar ós gatos da colonia de Cruceiro de Sar, xa sexa facendo un donativo para sufraga-los gastos dos tratamentos e operacións, axudándonos a collelos, tendo algún de acollida durante o tratamento e postoperatorio, concienciando,... ou de calquera outra forma que se che ocorra, ponte en contacto connosco: solidariascompostela@gmail.com
633.419.868

- Difunde esta información.


Evento en facebook: https://www.facebook.com/event.php?eid=125984954167676

No hay comentarios:

Publicar un comentario